Corpus Técnico do Galego
Aparencia
O Corpus Técnico do Galego (CTG) é un corpus lingüístico de rexistros especializados de lingua galega contemporánea elaborado polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
Características
[editar | editar a fonte]O CTG pode ser consultado libremente na web. En outubro de 2006 contiña máis de 9 millóns de palabras, sendo a súa composición a seguinte:
- Corpus GALEX de textos xurídico-administrativos en galego (2 606 400 palabras)
- Corpus XIGA de textos de informática e telecomunicacións en galego (2 100 516 palabras)
- Corpus AUGA de textos de ecoloxía e ciencias ambientais en galego (1 866 914 palabras)
- Corpus ACHEGA de textos de economía en galego (1 531 039 palabras)
- Corpus MEGA de textos xornalísticos en galego (921.575 palabras)
Nas súas buscas está ligado co Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo.